Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ICOIIG prepara ás empresas de Santiago ante a revolución do Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ICOIIG prepara ás empresas de Santiago ante a revolución do Big Data

Redacción
Publicado: 01/04/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20190329_icoiig_santiago4.jpgO Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) organizou o venres 29 de marzo unha nova sesión dos seus cursos da Oficina de Transformación Dixital. Desta volta, igual que na cita previa do día 26 (na Coruña), o ICOIIG e as firmas convidadas abordaron as grandes posibilidades que se abren perante as empresas coas tecnoloxías intelixentes: as encamiñadas a tirar conclusións e pautas de valor da información inxente (o Big Data) e máis as dirixidas a establecer comunicación entre todo tipo de obxectos e novos dispositivos de uso común nos fogares, nas empresas, nos edificios públicos e nos espazos públicos: a Internet das Cousas (IoT).
20190329_icoiig_santiago1.jpgEn primeiro lugar interveu Guillermo López Taboada, profesor da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e director executivo (CEO) de Torusware, empresa especializada na explotación de datos. López Taboada explicou na primeira das charlas os fundamentos do Big Data e como se aplica en grandes empresas. tanto no ámbito internacional como casos relevantes en Galicia. Ademais, deu conta de diversas ferramentas de business intelligence que permiten xestionar datos macro nas compañías.
20190329_icoiig_santiago2.jpg A intervención sobre o IoT (a Internet cas Cousas) correu a cargo de Rubén Lestón Roibás, responsable de Organización e Compras na empresa Prodimar. Grazas ao seu relatorio, os asistentes puideron coñecer as diversas tecnoloxías deste ámbito tecnolóxico e das vantaxes que teñen avances e servizos como poder ter localizado nunha emprega calquera elemento ou ben da maneira máis económica. Segundo fixo saber, o principal beneficio das cousas conectadas na actividade empresarial é a xestión eficiente de materias primas e produtos terminados a un prezo razoable.
As persoas que participaron nesta charla interesáronse sobre as opcións de aplicar estas tecnoloxías en casos concretos.
124 accións nos vindeiros meses
As actividades de hoxe enmárcanse nun intenso calendario de 124 accións coas que o ICOIIG chegará ao sete principais cidades galegas ata o próximo mes de setembro. Todas elas son de acceso libre e de balde para todas as empresas interesadas.
Esta campaña divulgativa afondará en aspectos como a forma de sacarlle proveito á realidade aumentada, as oportunidades da impresión 3D, as solucións que permite a análise da información a gran escala (Big Data) o desenvolvemento da mercadotecnia dixital, a Intelixencia Artificial, a robótica, a dixitalización dos almacéns coa loxística 4.0, a aplicación da tecnoloxía blockchain aos negocios, as contribucións do uso de drons nas empresas ou a utilidade da ciberseguridade ante os riscos dixitais.
As Oficinas de Transformación Dixital postas en marcha en toda España polo Ministerio de Economía e Empresa, a través da entidade pública Red.es, contan cun orzamento global de cinco millóns de euros. As actuacións a realizar serán financiadas con cargo ao Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE), Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do período de programación 2014-2020 e baixo a lema Unha maneira de facer Europa que ten entre os seus obxectivos mellorar o uso, a calidade e o acceso ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?