Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA mostra a súa actividade ao alumnado do IES Luis Seaone de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA mostra a súa actividade ao alumnado do IES Luis Seaone de Pontevedra

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sivsa_visita_estudantes.jpgEntre as empresas tecnolóxicas galegas que están a mostrar o seu labor punteiro aos estudantes da nosa terra, amosándolles, a través do programa Digitalent de AMTEGA, en que consiste o seu día a día, atópase SIVSA. A firma de Vigo (con sede no Parque Tecnolóxico e Loxístico e con máis de 30 anos de experiencia en consultoría e desenvolvemento TIC), recibiu o venres pasado a visita de 19 estudantes do IES Luis Seoane de Pontevedra.
O obxectivo da estadía foi achegarlles unha visión real do traballo das tecnológas e tecnólogos de SIVSA, amais do funcionamento dunha firma TIC. Amais, a rapazada tivo ocasión de coñecer o tipo de iniciativas que se impulsan nunha empresa tecnolóxica como SIVSA, a través do proxecto da compañía FutureLab + CodeFun.
Acompañados por técnicos da firma viguesa, os estudantes percorreron as instalacións e as diferentes áreas de traballo, amais de participaren nun obradoiro práctico sobre o desenvolvemento do coche do futuro e nunha sesión de Live Coding de introdución á programación de videoxogos, na que aplicaron algúns dos conceptos matemáticos, físicos e lóxicos que aprenderon no seu centro escolar durante os últimos anos.
Con esta presenza activa den Digitalent, SIVSA busca mellorar a visión e a percepción que teñen as mozas e os mozos de secundaria do mundo TIC, propóndolles unha experiencia eminentemente práctica que poida espertar o seu interese polos estudos STEM (Science, Technology, Engineering & Mathematics), uns estudos que, segundo engade a empresa TIC, están “situados entre os máis demandados na actualidade, e que reúnen as mellores competencias para desenvolver as carreiras do futuro”. SIVSA tamén lembra que a día de hoxe, en Galicia, só o 9,3% das persoas que se matriculan no sistema universitario cursa carreiras do ámbito STEM, “unhas cifras que contrastan coa alta empregabilidade dos profesionais do ámbito dixital”. De feito, só na Comunidade o sector tecnolóxico mantivo unha taxa de emprego estable de arredor do 1,6%, batendo a súa marca en 2016 con máis de 16.000 traballadoras e traballadores.
Polo que se refire a FutureLab + CodeFun, forma parte das iniciativas promovidas dentro do Plan de Promoción do Talento Dixital De Galicia 2020 (Digitalent), impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para potenciar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?