Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CFA da Deputación de Lugo abre o 17 de xuño o prazo de preinscrición do novo curso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CFA da Deputación de Lugo abre o 17 de xuño o prazo de preinscrición do novo curso

Redacción
Publicado: 12/06/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_servizos_audiovisuais.jpgO Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo (CFA) segue adiante co seu importante traballo de capacitación tecnolóxica, creativa e innovadora. Sen ir máis lonxe, o CFA vai manter aberto entre os días 17 e 28 de xuño o prazo de preinscrición de matrícula para o curso 2019-2020. Segundo lembra a entidade provincial, trátase do “único centro da provincia que imparte ensinanza superior da rama audiovisual”. Desta volta, ofrece 40 prazas de primeiro nos ciclos de Realización e Produción.
A nova achega formativa foi dada a coñecer polo presidente da Deputación en funcións, Darío Campos, que anunciou que “manteremos a gratuidade da matrícula porque desde o Goberno da Deputación apostamos por que todos os mozos e mozas lucenses interesados en formarse no noso centro teñan as mesmas oportunidades á hora de acceder ao ensino de calidade e personalizado que impartimos, con independencia dos recursos económicos das súas familias”.
matricula.jpg Para a preinscrición os interesados deberán presentar unha fotocopia do DNI, a certificación académica e cumprimentar o impreso que atoparan na web www.fundaciontic.org ou no propio centro. A documentación debe entregarse na sede do centro, na rúa Frei Plácido Lemos s/n de Lugo.
Prácticas en escenarios reais
O presidente, na presentación, salientou o modelo formativo do Centro de Formación Audiovisual da Deputación, “que inclúe un importante número de prácticas en escenarios reais ao longo de todo o curso”. Isto, engadiu, “fai que o noso alumnado se enfronte ás esixencias que atopará cando acceda ao mercado laboral e aos problemas que sempre xorden no día a día dos profesionais”. A xeito de exemplo das últimas contribucións prácticas dos estudantes do centro, Campos enxalzou o importante traballo na recente gravación e montaxe dun vídeoclip no Castro de Viladonga, froito da colaboración entre o SdeA e o IES Terra Chá de Castro de Rei; e mailo vídeo que recolle a homenaxe que se lle rendeu en maio á ex-alumna da antiga Escola de Imaxe e Son da TIC, Mirian Vázquez. Tamén subliñou “a participación dos nosos alumnos en rodaxes de proxección internacional, como O que arde de Oliver Laxe, premiada na última edición do Festival de Cannes, ou A sombra da lei de Dani de la Torre”.
Formación personalizada
Campos tamén lembrou que “no noso centro os grupos son pouco numerosos, o que permite unha formación personalizada. A isto hai que engadirlle un profesorado altamente cualificado apoiado por técnicos profesionais con ampla experiencia no audiovisual, e unhas instalacións modernas, con plató e salas de realización e son”. Ademais, dixo, “o SdeA da Deputación substituirá o programa de bolsas que tiña a antiga Fundación TIC por un sistema de contratos en prácticas”. Segundo fixo saber, a devandita medida carrexa “máis garantía, duración e mellores salarios”, xa que estas prácticas computan como experiencia profesional e figuran na vida laboral. “Supón adquirir experiencia profesional e facilitar a súa futura inserción no mercado laboral”, explicou.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?