Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Colexio Ponte dos Brozos de Arteixo, premio Iniciativa Tecnolóxica no Ensino do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Colexio Ponte dos Brozos de Arteixo, premio Iniciativa Tecnolóxica no Ensino do CPEIG

Redacción
Publicado: 17/06/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

o_alumnado_nas_actividades_tecnoloxicas_do_colexio_ponte_dos_brozos.jpgOs esforzos en innovación educativa e inclusión dixital do Colexio Ponte dos Brozos de Arteixo veñen de obter un importante recoñecemento: o Premio Iniciativa Tecnolóxica que concede (por vez primeira) o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) xunto con outros nove galardóns máis xa consolidados, a entregar no marco da Noite da Enxeñaría en Informática que se celebra o 28 de xuño en Santiago (Hotel Monumento San Francisco).
O premio Iniciativa Tecnolóxica no Ensino é unha nova categoría creada este ano polo CPEIG para distinguir o traballo dos centros de ensino e o seu profesorado en prol da difusión da tecnoloxía entre o alumnado. Respecto das razóns de terse elixido ao Ponte dos Brozos de Arteixo para a estrea oficial desta edición, a entidade de profesionais informáticos lembra que o arteixán foi un dos sete centros seleccionados pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), entre os máis de 100 presentados en todo o mundo, para aparecer nunha publicación sobre as mellores prácticas de aprendizaxe móbil (o colexio galego figura nesta listaxe xunto a outros centros de Reino Unido, Rusia, Portugal, Israel e China). “Grazas a este feito”, sinala o CPEIG, “o colexio participou na Mobile Learning Week, celebrada na sede central da UNESCO en París do 4 ao 8 de marzo de 2019, que tiña como obxecto de estudo a Intelixencia Artificial”. Neste marco, dúas das profesoras do CEIP Ponte dos Brozos, Begoña Codesal e Verónica Iglesias, presentaron a experiencia do centro nunha das mesas de comunicacións e nunha mesa redonda co resto dos colexios seleccionados.
o_alumnado_nas_actividades_tecnoloxicas.jpgNo CEIP Ponte dos Brozos existen a día de hoxe diferentes grupos de traballo que investigan sobre Intelixencia Artificial e a súa utilización no ensino, mostrando ao alumnado como se pode crear e educar un bot que funcione na Google Home. Outros grupos investigan sobre o uso da tecnoloxía maker e como crear booktrailers. Ademais, durante os recreos existe un Club de Ciencia onde o alumnado pode aprender a programar utilizando unha aplicación que se chama Cospaces e que permite programar e crear universos en 3D.
o_alumnado_nas_actividades_tecnoloxicas_1.jpg A directora do CEIP Ponte dos Brozos, Patricia Galán Gómez, explica que “para conseguir este fito é preciso contar cun profesorado ilusionado, motivado, preparado e disposto a asumir grandes retos e horas de formación”, ademais dun equipo directivo que favoreza o traballo dentro do centro, e unha institución como o Concello de Arteixo que a través do proxecto Arteixo Innovación financia gran parte do equipamento necesario para que se poidan realizar as actividades. “Non somos un dos sete mellores colexios do mundo, somos a demostración de que no ensino público de Galicia se poden facer grandes cousas”, lembra o coordinador TIC do colexio, Fernando Moreno González.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?