O CPEIG entregará dez recoñecementos no marco da Noite da Enxeñaría en Informática
venres, 14 de xuño do 2019
O
Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o
CPEIG, celebra este mes a undécima edición da súa Noite
da Enxeñaría en Informática de Galicia,
a gran festa das novas tecnoloxías da nosa terra. A nova cita será
no Hotel Monumento San Francisco en Santiago de Compostela, o 28 de
xuño. A gala contará coa presenza do actor galego Luis Zahera, que
oficiará de mestre de cerimonias. Entre os pratos fortes da
celebración inclúense os Premios anuais do CPEIG, que veñen con
dez categorías. Algunha das entidades e personalidades distinguidas
xa foron dadas a coñecer: o IGAPE,
Carlos Vázquez
Mariño (AMTEGA) e a
enxeñeira Mónica Fernández Bugallo (Premio Ada Byron).
A
listaxe de galardóns é a seguinte:
·
Premio Proxecto Fin de Carreira/Master
·
Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino
·
Premio e-Inclusión
·
Premio Iniciativa Emprendedora
·
Premio Iniciativa Empresarial
·
Premio Ada Byron (Mónica Fernández Bugallo)
·
Premio Iniciativa da Administración (os talleres 4.0 para PEME do
IGAPE)
·
Premio Traxectoria Profesional (Carlos Vázquez Mariño)
·
Premio Especial CPEIG
·
Colexiado de Honra
As
actividades darán comezo ás 20.00 horas co cóctel de benvida, que
dará paso á entrega dos devanditos premios convocados anualmente
polo CPEIG, cos que se distinguen as mellores contribucións das
empresas, entidades e profesionais da nosa terra ao impulso
tecnolóxico galego, á igualdade e o noso progreso TIC. De seguido,
comezarán a cea de galega e (sobre as 23.30 horas) a actuación
musical.
O
evento ten o obxectivo de achegar un punto de encontro para todas e
todos os colexiados, estendendo este espazo común de celebración do
coñecemento e a innovación aos responsábeis das empresas TIC da
nosa terra e das entidades públicas con competencia directa ou
indirecta no dixital.