Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tecnoloxía galega Tiivii dá o chimpo a México
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tecnoloxía galega Tiivii dá o chimpo a México

Redacción
Publicado: 28/06/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tiivii_futbol.jpgA ferramenta galega Tiivii vén de dar o chimpo a México. Así nolo confirma a firma responsable do seu desenvolvemento, Cinfo, que vén de pechar un acordo que lle permitirá afianzarse no país norteamericano con todas as posibilidades de crecemento e posibilidade de negocio que isto implica: México é un dos mercados de produción televisiva máis potentes do continente. O salto a través do Atlántico materializarase a través de dous dos deportes estrela dese país, o fútbol americano e o baloncesto. Neste punto, Tiivii entrará en xogo despregando a súa tecnoloxía intelixente de produción de vídeo na nube, en 90 estadios da liga Premier de fútbol americano e na liga ABE de baloncesto universitario.
Este é o resultado do acordo acadado por Cinfo coa canle AYM Sports, propietaria dos dereitos de retransmisión. Coa tecnoloxía da empresa galega, con sede no CITIC da Coruña, baseada en Intelixencia Artificial e analítica de vídeo, AYM Sports poderá gravar, realizar e emitir en tempo real e de forma remota todos os encontros deportivos de ambas as ligas a través da plataforma online internettvdeportes.com, e todo iso sen necesidade de desprazar equipos técnicos ao terreo de xogo.
Para a súa implantación, Cinfo despregará en diferentes puntos fixos dos recintos deportivos un sistema de múltiples cámaras robotizado con calidade Full HD. O sistema ofrecerá a AYM Sports a posibilidade de introducir banners, comentarista e dispor de ferramentas avanzadas como un marcador automático virtual. En conxunto, “optimizará o traballo dos equipos técnicos de AYM Sports e reducirá substancialmente os seus custos de produción”.
A instalación dos equipos farase de forma progresiva durante os vindeiros meses. Comezará no verán coa implantación en 32 recintos (21 polideportivos da liga ABE e 11 campos de fútbol americano) e continuará ata completar os 90 estadios da liga Premier e a liga ABE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?