Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo impulso á estratexia turístico-innovadora Lugo Cambia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo impulso á estratexia turístico-innovadora Lugo Cambia

Redacción
Publicado: 16/08/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lugo_cambia_xunta_de_goberno_deputacion_lugo_agosto.jpgLugo Cambia, o innovador programa turístico da Deputación que ten nas redes sociais un dos principais piares de actuación, promoción e divulgación, recibiu hoxe un novo impulso por parte da entidade provincial lucense. O empuxe consiste en dar continuidade á presenza do presentador de televisión Martín Barreiro, referencial comunicador meteorolóxico a nivel galego e estatal e un dos grandes embaixadores culturais, sociais e turísticos da provincia (Barreiro é natural do concello de Lugo).
Barreiro, fixo saber a Deputación, proseguirá no seu cometido de acompañar e relanzar as novas accións de promoción e consolidación da marca turística Lugo Cambia, creada pola Deputación no marco do Plan Estratéxico de Turismo.

O comunicador Martín Barreiro nunha das anteriores accións turísticas da Deputación
O comunicador Martín Barreiro nunha das anteriores accións turísticas da Deputación
A Xunta de Goberno aprobou este venres a contratación de Barreiro para este fin. “Cremos que unha persoa coma el moi recoñecida socialmente a nivel nacional, cunha imaxe positiva e de credibilidade, e con grandes dotes comunicativas, contribúe de xeito importante a proxectar a imaxe da nosa provincia no exterior”, subliñou a voceira socialista do Goberno e Deputada de Turismo, Pilar García Porto.
Novidades de Lugo Cambia
A colaboración de Barreiro non será este ano a única novidade de Lugo Cambia, a estratexia de promoción turística da entidade provincial. A pasada primavera, sen ir máis lonxe, deuse a coñecer unha iniciativa de sinalización intelixente que tirará proveito dos móbiles dos visitantes e residentes e que mostrará en detalle, a través dos dispositivos, todos os recursos turísticos da provincia e como chegar a eles e desfrutalos.
Outra das novidades foi a aprobación das bases do novo premio Lugo Cambia, enmarcado dentro do Plan Estratéxico de Turismo, que constará de dúas modalidades: ao turismo e á gastronomía. Con estes galardóns, que se convocarán o vindeiro ano, recoñecerase o traballo de persoas, entidades ou institucións a prol do fomento da promoción turística da provincia, así como actuacións innovadoras na gastronomía lucense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?