
O concelleiro Alvaro Santos explicou que “a colocación dos sensores comezará o xoves día 5, xunto ca realización de diferentes probas na nave do servizo como é a cobertura de datos e funcionamento das comunicacións co sistema, elevación dos contedores co sensor xa instalado, enchido parcial dos mesmos para comprobar o comportamento e estudos necesarios con carácter previo á súa instalación na rúa”.
Segundo engadiu, “a obtención de información sobre o estado de cada contedor mellorará a recollida de residuos, xa que os camións optimizarán as súas viaxes sen ter que pasar por recipientes medio baleiros e recollerán os cheos con máis axilidade, o que evitará impactos ao medio ambiente e axilizará o tráfico ao reducir o paso de camións, co aforro en emisións de CO2 que isto implica”.
Santos engadiu que a iniciativa abéirase á estratexia de Smart City posta en marcha no anterior mandato pola alcaldesa Lara Méndez co obxectivo de facer avanzar a cidade en materia de automatización, xestión, optimización de recursos, comunicación, sustentabilidade e ecoloxía. “Neste caso”, dixo, “non só se avanza nun modelo de Cidade Intelixente senón tamén nun modelo de municipio respectuoso co medio ambiente e á vangarda das solucións sustentables, o que suporá unha mellora do benestar e da calidade de vida da veciñanza lucense”.
O edil lembrou que amais de coa recollida de residuos sólidos urbanos, ao abeiro do proxecto smart estase a traballar xa na implantación da Administración Electrónica, en sistemas de xeolocalización para conseguir aparcadoiros intelixentes e na eficiencia enerxética de edificios públicos e o alumeado público, tanto no entorno urbano como rural.
O proxecto Smart City conta cun orzamento de 4.112.801 euros, financiado nun 60% cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER),mentres que o Concello de Lugo aporta o financiamento (1,6 millóns de euros).
A xestión de refugallos de Smart City Lugo permitirá aforros de máis de 600.000 euros
Compartir Este Artigo

