Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Boiro comeza a retransmitir os plenos vía streaming
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Boiro comeza a retransmitir os plenos vía streaming

Redacción
Publicado: 11/09/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

boiro_plenos.jpgO Concello de Boiro segue adiante co seu programa de impulso dixital, destinado a ampliar a cobertura nas parroquias, a poñer o foco na información e a comunicación nas redes sociais e, tamén, a fomentar a transparencia e a participación pola vía tecnolóxica. Neste último punto sitúase a novidade confirmada hoxe polo Goberno local: o fornecemento, a partir deste mércores, da retransmisión en directo dos plenos en streaming.
Os contidos poderán verse a través da canle de Youtube ou ben mediante a páxina de Facebook do Concello de Boiro. Así, esta medida xa estará operativa para o pleno ordinario municipal que se celebrará hoxe, ás 20.00 horas, pretendendo facilitar a comunicación.
Ao respecto, o alcalde José Ramón Romero manifesta que “desta maneira calquera que queira ver os plenos e non poida asistir poderá facelo dende o seu dispositivo móbil estea onde estea. Ademais, dende a plataforma de Youtube do concello poderanse recuperar e volver ver as sesións plenarias en calquera momento”.
Comunicación nas redes sociais
O Goberno boirense informou recentemente que están xa postas en funcionamento as redes sociais oficiais do Concello, Facebook, Twitter e Instagram, coas que se pretende “informar á cidadanía de toda a actualidade, a vida cultural, deportiva, social, etc. do municipio”. O Executivo local engadiu que as redes están a “ter moi boa acollida” e unha ampla marxe de uso como “vía de comunicación directa entre o Goberno e a veciñanza”.
En canto aos cambios previstos na web www.boiro.gal, están previstas modificacións no relativo á axenda e actividades, de xeito que a web sexa máis intuitiva e a información sexa máis sinxela de atopar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?