O servizo integral de virtualización de escritorio e aplicacións de Microsoft, Windows Virtual Desktop, está xa dispoñible para todo o mundo para Windows, Android, macOS, iOS e HTML5, o que permite unha xestión simplificada, experiencia Windows 10 multi-sesión, optimizadores para Office 365 ProPlus e soporte para escritorios e aplicacións de Windows Server Remote Desktop Services (RDS), o que permite despregar escritorios e aplicacións de Windows en Azure en cuestión de minutos.
Este servizo consegue unha magnífica experiencia de Office nun contorno virtualizado, no que aseguran que é a experiencia de virtualización deste tipo máis fluída e eficiente do mercado. Esta plataforma tamén simplifica a xestión de aplicacións, permitindo a súa conexión dinámica a unha máquina virtual (en vez da instalación permanente) reducindo as necesidades de almacenamento e facilitando a administración da xestión e a actualización das aplicacións.
Citrix xa está a comercializar globalmente Windows Virtual Desktop, servizo que a finais de ano chegará tamén a VMware Horizon Cloud en Microsoft Azure.
Windows Virtual Desktop está dispoñible globalmente
Compartir Este Artigo
