
O programa está co-financiado pola Unión Europea a través do seu Fondo Social e ten un orzamento de 45.000€, dos que o 80% son achegados pola dita fundación a través da subvención do FSE (Fondo Social Europeo) e o 20 % restante son fondos propios do Concello de Lugo.
O concelleiro Mauricio Reppeto deu a benvida ao alumnado que recibirá a formación e explicou que o programa está dirixido, principalmente, a persoas desempregadas interesadas en optimizar e especializarse en competencias de mercadotecnia, emprendedoras e emprendedores que conten cunha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa, así como empresarios e empresarias do sector que queiran mellorar a competitividade das súas iniciativas de mercado e facelas medrar grazas ás novas tecnoloxías 2.0.
O obxectivo fundamental do curso é “proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver plans coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha”.
Comeza en Lugo un curso sobre mercadotecnia dixital para impulsar o empregabilidade e o emprendemento de 25 persoas
Compartir Este Artigo

