
Na sesión porase o foco nas empresas e, para isto, contarase coa presenza de expertos estatais e internacionais afondando nas claves da ciberseguridade dende “múltiples perspectivas”, informa a operadora R, engadindo que na cuarta e derradeira xornada dos encontros está previsto que participen o director de Empresas de R e do Grupo Euskaltel, Isidro Fernández de la Calle, Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Catro xornadas de debate e formación
Cybersec@Gal achegou estes días catro xornadas de obradoiros, ciber-desafíos e charlas, nas que se falou de solucións, normativas, desafíos e ameazas para a seguridade na contorna dixital. O foro foi dirixido, por unha banda, a estudantes e recentemente licenciados e, pola outra, ao ecosistema empresarial (este xoves), da man de expertos estatais e internacionais que exporán diversos aspectos no terreo da seguridade TIC.
Na xornada de clausura deste xoves entregaranse un total de seis premios valorados en 2.600 euros en total: un premio á Tese de Doutoramento en Ciberseguridade (700 euros), dous premios á Tese fin de Mestrado en Ciberseguridade na UDC e a UVigo(400 euros cada un), dous premios á Tese de Fin de Grao en Ciberseguridade na UDC e a UVigo (300 euros cada un) e un premio reto Gradiant – Hijos de Rivera (500 euros).
Fernando Suárez, Isidro Fernández e Mar Pereira clausuran este xoves Cybersec@Gal
Compartir Este Artigo

