O 29 de outubro de 1969 un equipo da Universidade de California (UCLA) tentou transmitir 5 letras (LOGIN) ao Instituto de Investigación de Stanford, momento histórico, xa que converteríase na primeira mensaxe transmitida a través de ARPANET, unha das redes precursoras da Internet, segundo matiza un dos responsables deste logro, Leonard Kleinrock, para deixar claro que non estamos ante o 50º aniversario da Internet.
Pero o fito dos 50 anos de ARPANET está a levar a que moitos fagan un repaso das últimas décadas, como Vint Cerf, un dos pais da Internet, quen fixo unha escolma de momentos máis importantes. Cerf celebra que se cumprisen 50 anos da primeira transmisión de paquetes en ARPANET, por considerar que foi un momento pioneiro que preparou para o desenvolvemento da Internet posterior e, de feito, data o nacemento operativo da Internet no 1 de xaneiro de 1983, destacando tamén que en decembro de 1991 presentouse a World Wide Web ao mundo, a creación de ICANN en 1998, a estrea de YouTube en 2005 e a revolución dos smartphones de 2007.
Tras estas décadas de tantos cambios, Cerf ouse a realizar unha precisión para os vindeiros 50 anos, dando a entender que a tecnoloxía sería transparente, xa que empregaremos a Internet como quen usa a corrente eléctrica.
50 anos da primeira comunicación a través de ARPANET
Compartir Este Artigo
