Tras o éxito no mercado francés, o Grupo Orange leva preto de dous anos traballando para achegar ao noso territorio Orange Bank, un banco 100% en liña que poderá contratarse nas tendas da operadora ou na súa páxina web, e que ofrecerá servizos de conta corrente, empréstamos e pagamentos (con identificación biométrica).
Orange Bank funcionará a través dunha nova aplicación para iOS e Android, que busca achegar unha experiencia única e evitar comisións, e incluso ofrecerá beneficios especiais para os usuarios que xa sexan clientes de telefonía de Orange.
A compañía conta con licenza para operar dende o mes de abril, polo que xa levan un tempo en probas (cos seus propios empregados), e aseguran que será posible darse de alta en só 6 minutos, confiando en repetir o éxito francés, xa que en Francia a compañía conta cuns 300.000 clientes.
En novembro estrearase Orange Bank como unha entidade bancaria 100% en liña
Compartir Este Artigo
