Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 300 estudantes celebraron en Lugo o Día da Ciencia en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

300 estudantes celebraron en Lugo o Día da Ciencia en galego

Redacción
Publicado: 08/11/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dia_ciencia_galego-3.jpgHoxe celebrouse en Lugo, da man de Igaciencia (Institución Galega da Ciencia) e co apoio da Consellería de Cultura, o Día da Ciencia en Galego, na compaña de (entre outros persoeiros da investigación e das administracións) Luís Liz Marzán, químico lucense, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. Na cita, que se desenvolveu no Edificio da Xunta, participaron tamén 300 estudantes de cuarto da ESO e Bacharelato, informándose das posibilidades que abre a disciplina da nanotecnoloxía, que foron debulladas polo químico Luís Liz Marzán.
Valentín García agradeceulle ao conferenciante que fixese un oco na súa apretada axenda de traballo para fomentar as vocacións científicas en galego entre o alumnado de Lugo. Despois, dirixíndose ás rapazas e rapaces convidounos a defender a lingua propia como alicerce comunicativo de calquera proxecto ou traballo que queiran desenvolver: “Por haber en Galicia un sistema educativo bilingüe, recibides clases de materias científicas en galego, castelán e ás veces tamén en inglés, pero debedes saber que, sexa cal for a lingua en que se vos imparta unha área, sempre é posible usar calquera outra para investigar e divulgar os seus contidos e o galego non é unha excepción”. Por este motivo, o secretario xeral animou os estudantes a usar o idioma propio de Galicia “para ler, para pescudar e para experimentar”, ademais de para relacionarse cos seus iguais no tempo de ocio.
Alumnado de todo Lugo
Un total de 300 alumnas e alumnos de 4º da ESO e de bacharelato dos IES lucenses Ánxel Fole, Xoán Montes, Leiras Pulpeiro e Nosa Señora dos Ollos Grandes, dos CPI Plurilingüe de Castroverde e Ramón Piñeiro de Láncara e do Colexio Fingoi abarrotaron o salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta na Cidade das Murallas para escoitar a conferencia de Luís Liz Marzán A nanotecnoloxía no Ano Internacional da Táboa periódica.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística apoiou a celebración desta conferencia organizada por Igaciencia para celebrar o Día da Ciencia en Galego, entre outras actividades coas que, ao longo do mes de novembro, busca promover a divulgación científica, nomeadamente da man das bibliotecas públicas e dos equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?