Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es recibe solicitudes para desenvolver novos proxectos 5G en oito comunidades, incluída Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es recibe solicitudes para desenvolver novos proxectos 5G en oito comunidades, incluída Galicia

Redacción
Publicado: 18/12/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

5g_proxectos_red.es.jpgA entidade público-empresarial Red.es, de ámbito estatal, recibiu finalmente un total de oito solicitudes para desenvolver proxectos piloto con tecnoloxía 5G noutras tantas comunidades autónomas, incluída a nosa. Trátase da segunda convocatoria de axudas ao desenvolvemento de iniciativas co dito estándar móbil lanzada por Red.es, dependente do Ministerio de Economía. Amais de Galicia, presentaron solicitudes a Comunidade Valenciana, Madrid, Andalucía, Euskadi, Castela A Mancha, Catalunya e Estremadura.
As solicitudes presentadas corresponden a empresas ou unións temporais de empresas (UTE) e, tal e como esixía a convocatoria, oriéntanse a un ámbito territorial de actuación. Nas ditas oito propostas achegadas participan tres ducias de institucións e empresas das ditas autonomías. No caso da contribución galega, vén da man do operador Orange, a firma galega Cinfo (con sede no CITIC da Coruña e centrada en solucións audiovisuais de baixo custe e ferramentas para a produción de eventos na nube asistidas con Intelixencia Artificial, é o caso de Tiivii), a madrileña Gamera Nest e a tamén galega Optare Solutions (radicada no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo e especializada en achegar recursos avanzados ao sector das telecomunicacións dende 2002).
As propostas deberán pasar agora os trámites administrativos pertinentes, recollidos nas bases da presente convocatoria, para verificar a súa viabilidade e proceder á súa avaliación conforme aos criterios establecidos na convocatoria, previamente á resolución final das axudas.
Primeira edición
O 30 de abril de 2019 resolveuse a primeira convocatoria de pilotos 5G promovida polo Goberno, a través de Red.es. Por este motivo seleccionáronse dous proxectos, en desenvolvemento actualmente nas Comunidades Autónomas de Andalucía e Galicia. O orzamento agregado de ambas as accións supera os 36 millóns de euros, dos que a entidade co-financia máis de 10 a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a cargo do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE).
As Unións Temporais de Empresas de Vodafone España e Huawei Technologies España, por unha banda, e a de Telefónica Móbiles España, Telefónica de España, Telnet, Cinfo, Centro Internacional de Oftalmoloxía Avanzada, Idronia, Nokia e Ericsson, son as encargadas de desenvolver os pilotos en Andalucía e Galicia, respectivamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?