Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Continúa o proceso de liberación do segundo dividendo dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Continúa o proceso de liberación do segundo dividendo dixital

Redacción
Publicado: 17/01/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

segundo_dividendo-2.jpgO Segundo Dividendo Dixital, do que falamos os días pasados en Código Cero para lembrar o papel protagonista de Lugo no inicio do proceso (a provincia galega atopábase entre as contornas onde comezaba o apagamento das frecuencias da TDT encamiñado a a deixar espazo libre para o despegue de 5G), iniciou o ano cunha conta atrás. O dividendo arrincou o ano pasado abranguendo Lugo e outras quince provincias: Albacete, Almería, Áraba, Biscaia, Córdoba, Guipúscoa, Granada, Huelva, Huesca, Baleares, Málaga, Segovia, Soria, Teruel, Valladolid e Zaragoza.
Para quen non o saiba, este apagamento das frecuencias da TDT vén motivado pola necesidade de deixar espazo libre ao despegue de 5G. Este mes de febreiro os traballos chegan ao punto culminante da primeira fase, co cese das emisións dalgunhas canles estatais e autonómicas a través das súas antigas frecuencias en 2.413 municipios de España correspondentes a 29 áreas xeográficas establecidas no Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre.
Estes municipios están repartidos en 32 provincias de 11 Comunidades (Andalucía, Aragón, Castela A-Mancha, Castela-León, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, Illas Baleares, A Rioxa, Navarra e País Vasco).
Nestes territorios as vivendas deberán ter adaptados os seus sistemas de recepción de sinal para poder seguir desfrutando das canles de TV. O proceso rematará o 3 de marzo. O apagamento implicará o despexe da banda de 700 megahercios (o Segundo Dividendo Dixital).
O proceso acompáñase de medidas que faciliten a adaptación da cidadanía. Así, co “fin de facilitar a transición e minimizar o impacto”, as cadeas de televisión están a emitir de maneira simultánea a través das frecuencias nova e antiga (simulcast) desde o pasado mes de xullo e de setembro dependendo dos municipios. Tras este período de simultaneidade, procederase ao cesamento das emisións nas frecuencias antigas os vindeiros 11 e 13 de febreiro e o 3 de marzo, dependendo desde que área xeográfica reciba o sinal cada un dos 2.413 municipios.
O Goberno lembra que os “administradores de leiras ou os presidentes de comunidades de todos aqueles edificios que non realizasen aínda estas adaptacións deben contactar canto antes cunha empresa instaladora rexistrada”.
O proceso de Dividendo Dixital está a levarse a cabo en diferentes fases. O pasado 14 de novembro comezou a segunda fase co aceso das novas frecuencias noutros 1.433 municipios de Canarias, Cantabria, Cataluña e Madrid, e algúns municipios de Aragón, Castelló, Castela-A Mancha e Castela e León. Estes acesos supuxeron que o proceso chegase xa a 43 áreas xeográficas.
Dentro desta segunda fase, o vindeiro luns 20 de xaneiro comezará a emisión nas novas frecuencias e tamén en simulcast nas áreas de Cidade Real e Pontevedra; e o 17 de febreiro para as de Cádiz Este, Cádiz Oeste, Xaén, Sevilla, Cuenca, Ávila, Burgos Norte, Burgos Sur, León este, Palencia, Salamanca, Zamora, Ceuta, Alacante, Castelló, Valencia, Badaxoz Oeste, Estremadura Centro, Ourense, Rioxa Oeste, Murcia Sur e Navarra.
O apagado da frecuencia antiga en todo o territorio estatal prevese a finais do segundo trimestre de 2020 e sempre antes do 30 de xuño.
Toda a información sobre o cambio de frecuencias da TDT está dispoñible na páxina web oficial sobre o tema e a través dos números de atención telefónica 901 20 10 04 e 91 088 98 79.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?