Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As metodoloxías intelixentes aproximan a SOGAMA ao vertido técnico cero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As metodoloxías intelixentes aproximan a SOGAMA ao vertido técnico cero

Redacción
Publicado: 20/01/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sogama_20_anos_camion_lixo.jpgSOGAMA celebra estes días os seus 20 anos de actividade, e faino facendo un balance do que conseguiu a sociedade medio-ambiental ao longo destas dúas décadas de andaina e, tamén, elaborando un reconto dos fitos tecnolóxicos que quere acadar: fitos que teñen todos en común a transformación da entidade cara os modelos plenos de industria intelixente e 4.0. Os balances do que se fixo e do que se vai facer viñeron da man da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Váquez, quen destacou que todos os recursos que se están a poñer en xogo teñen o reto común de “situar a Galicia á cabeza da redución e reciclaxe de residuo”. Segundo os seus datos, todo apunta a que en 2020 conseguirase a taxa do vertido técnico cero (10%).
A conselleira tamén lembrou que SOGAMA, grazas á súa aposta pola eficiencia, a rendibilidade e as tecnoloxías intelixentes, ten a día de hoxe capacidade para procesar 15.000 toneladas anuais de materia orgánica dos municipios máis próximos, co fin de obter ata 4.000 toneladas de compost e avanzar no obxectivo europeo de reciclar o 50% deste tipo de residuos xa en 2020.
Ángeles Vázquez recordou igualmente que “nos últimos anos” apostouse pola construción e equipamento dunha nova planta de recuperación de materiais contidos na bolsa negra e por remodelar a planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible.
sogama_20_anos.jpgA titular de Medio Ambiente salientou que “a calidade” de hoxe é froito dunha serie de actuacións de optimización e eficiencia que levan ano desenvolvéndose e aplicándose. De feito, recordou que foron 31 millóns de euros os que se destinaron á construción e equipamento da nova planta para a recuperación de materiais contidos na bolsa negra, “en liña coa Industria 4.0”, e operativa dende novembro de 2018.
Industria 4.0
Grazas á implantación dos sistemas propios da Industria 4.0 na planta de recuperación de refugallos contidos no lixo convencional, a compañía xa conseguiu en 2019 recuperar ata 11 tipoloxías de materiais (que se entregan aos centros recicladores para que sexan convertidos en novos recursos e reincorporados ao circuíto comercial cunha nova vida).
SOGAMA tamén fixo saber, recentemente, que coa entrada en funcionamento desta instalación, que conformou a primeira fase da ampliación do complexo medioambiental de Cerceda, a compañía pública “multiplicará por catro a súa contribución á reciclaxe e chegará en 2020 ao vertido técnico cero (10%)”, esixencia imposta polo Parlamento Europeo para todos os Estados membros no horizonte do ano 2035. A Sociedade Galega do Medio Ambiente mostrou o seu convencemento nas vantaxes da innovación tecnolóxica: grazas á fórmula e a colaboración cidadá, “facilítase o camiño cara á economía circular na nosa Comunidade”, engade a entidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?