O pavillón 14.1 de IFEMA e a tenda emblemática de Samsung en El Corte Inglés de Callao (Madrid) conectáronse a través da rede 5G comercial de Vodafone para presentar as propostas de AURA, a colección do gañador de Samsung EGO Innovation Project, Yvan Andreu, converténdose no primeiro desfile 5G de España.
Deste xeito, o desfile gañador de Samsung EGO Innovation Project desenvolveuse nun formato sen precedentes na Semana da Moda de Madrid, con dúas pasarelas retransmitidas a través de smartphones Samsung Galaxy Note10+ 5G en tempo real grazas á alta velocidade e baixa latencia que garante a rede 5G de Vodafone. Falamos dunha latencia que aseguran que pode baixar ata 1 milisegundo, fronte aos 1,5 e 0,8 segundos das redes 4G.
As dúas pasarelas contaban con varias pantallas nos laterais, de xeito que podían combinarse as saídas reais coa saídas virtuais das modelos de ambos espazos, estando os desfiles sincronizados á perfección para comportarse nunha única pasarela capaz de amosar as posibilidades da 5G.
Dúas pasarelas de moda sincronizáronse grazas á tecnoloxía 5G
Compartir Este Artigo
