Unha nova opción chega a Instagram: a posibilidade de xestionar a listaxe de contas que seguimos, podendo consultar con quen interactuamos menos e quen está máis presente entre as novas. Deste xeito Instagram infórmanos da nosa relación con outras contas, axudando á hora que querer facer unha limpa, o que podemos considerar como unha invitación a deixar de seguir ás contas coas que menos nos relacionamos, para ter así unha experiencia de uso máis práctica e satisfactoria.
Tamén podemos consultar a nosa relación de seguidos por orde cronolóxica (crecente ou decrecente), facilitando así o realizar un repaso das contas que seguimos no tempo.
O feito de que poidamos saber case cunha simple ollada ás contas de Instagram coas que temos maior ou menor relación resulta de grande axuda á hora de decidir se queremos deixar de seguilas para ter unha experiencia máis acorde ás nosas necesidades ou gustos do momento, pois Instagram quere que a experiencia do usuario sexa o mellor posible, para evitar que os contidos irrelevantes leven ao abandono da súa plataforma.
Instagram permítenos saber as contas coas que menos interactuamos
Compartir Este Artigo
