Unha das funcionalidades máis molestas de Netflix para moitos dos seus usuarios é que cando estamos a movernos entre os seus contidos de portada, e deixamos o cursor sobre algún contido, o sistema reproduce de xeito automático un tráiler sobre o mesmo, o que chega a converterse en toda unha molestia da que por fin podemos librarnos, xa que agora Netflix permite a opción de visitar a súa páxina web e administrar os nosos perfís de usuario, podendo editar os controis de reprodución automática. Temos así a posibilidade de activar e desactivar a reprodución automática do seguinte episodio das series, e tamén dos avances mentres navegamos polos contidos, opcións que aplícanse a todos os dispositivos nos que corramos Netflix, de xeito que a experiencia de Netflix pode mellorar considerablemente.
Cómpre salientar que nalgún episodio de serie de televisión o sistema de reprodución automática remite ao usuario ao seguinte episodio anticipándose ao remate real do episodio actual, o que resulta moi frustrante, xa que pode provocar a omisión dun cliffhanger final que pretendía impactar ao usuario.
Netflix permite desactivar a reprodución automática de contidos
Compartir Este Artigo
