Para facer un seguimento a nivel mundial do estado do COVID-19 en tempo real temos dende hai uns días un centro de recursos web desenvolvido pola Universidade Johns Hopkins, no que podemos consultar tanto os casos confirmados de infección por país de xeito acumulado ou contando só os casos activos (xa que tamén se rexistran as curacións).
Agora, na mesma liña, temos tamén a Microsoft, que vén de estrear un sitio web dentro de Bing no que podemos consultar un mapa mundial no que consultar os casos confirmados, activos, con recuperación e mortais do COVID-19, incluíndo tamén ligazóns ás novas de última hora por países, o que resulta unha ferramenta moi visual e práctica para poder consultar a situación de España, pero tamén dos países no contorno, de xeito que podemos estar mellor informados da evolución desta crise a nivel mundial.
Mapas en liña permítennos facer un seguimento do COVID-19
Compartir Este Artigo
