A crise do coronavirus pode ter certo impacto no sector dos smartphone e da electrónico de consumo sen xeral que sería difícil de prever, xa que pode levar a que moitos consumidores comecen a ter en consideración á hora de mercar un dispositivo detalles como a facilidade da súa limpeza e desinfección, ou a posibilidade de empregar os dispositivos con luvas ou desbloquealos sen ter que quitar unha máscara.
Varias son as informacións que poden levarnos a esta reflexión, como o anuncio de que Samsung está a doar aos centros hospitalarios británicos dous milleiros de smartphones, así como máquinas de ultravioleta para desinfectar os dispositivos móbiles, que seguen a ser moi necesarios, pero poden ser un importante foco de infección. É importante salientar o tipo de smarpthones doados por Samsung, que serían do modelo Galaxy XCover 4s, equipos resistentes á auga, ao po e a caídas, destacando o feito de que a súa pantalla de 5 polgadas incrementa a súa sensibilidade táctil para que poida empregarse en contornos industriais nos que os traballadores empregan luvas protectoras, o que resulta moi acaído ao contorno actual.
Podemos entender que os smarpthones resistentes á auga van gañar moita relevancia, xa que a súa limpeza é moito máis doada que noutros dispositivos, e de cara ao uso da súa pantalla con luvas, non só destacarían os teléfonos reforzados, senón que tamén resultarían moi acaídos os Galaxy Note, xa que o uso dun lapis dixitalizador evitaría ter que tocar a súa pantalla cos dedos para múltiples tarefas, minimizando os riscos que supón o contacto das mans con superficies susceptibles a transmitir virus e bacterias.
A limpeza dos produtos de electrónica de consumo está a converterse en todo un reto neste momento, xa que os fabricantes non achegan instrucións axeitadas, e temos así que a meirande parte dos smartphones do mercado poden ver a súa pantalla danada de limparse cos desinfectantes que hai actualmente no mercado, e a propia Nintendo tivo que lanzar un comunicado no Xapón advertindo que o alcohol e outros produtos desinfectantes danan gravemente os mandos da Nintendo Switch, ou sexa, que nestes momentos o mellor consello para manter seguros certos dispositivos o mellor consello é non empregalos nunca fóra da casa.
No caso da identificación biométrica cómpre advertir aos usuarios que estes días deberían desactivar ese tipo de recoñecemento para poder empregar os seus dispositivos móbiles en certos momentos comprometidos, xa que os lectores de pegadas dixitais non funcionan con luvas e o recoñecemento facial non funciona con máscaras, polo que deberemos volver a outros métodos de protección como o básico PIN ou o patrón (agás que teñamos un smartphone con outros tecnoloxías como o recoñecemento de iris (que por desgraza non está presente nos smartphones máis modernos).
A pandemia pon na picota a seguridade e hixiene dos nosos smartphones
Compartir Este Artigo
