Dende Facebook queren axudar aos seus usuarios a expresar as súas emocións durante estes complicados momentos, e para facer máis doado expresar apoio a outras persoas están a estrear reaccións en Facebook e Messenger.
Até o momento en Facebook tiñamos 6 reaccións para escoller, ás que sumarase a de coidado, representada por unha cara dando unha aperta agarimosa a un corazón, animación que poderemos empregar a partir da semana que vén para reaccionar ante publicacións, comentarios, imaxes, vídeos e outros contidos de Facebook.
No caso do Messenger a reacción é moito máis sutil, xa que consiste nunha variación do corazón, que se a marcamos expresamente podemos facer que o corazón latexe, co que búscase representar un amor especial a amigos e familiares.
Facebook prepara novas reaccións para expresar afecto
Compartir Este Artigo
