O confinamento por mor da pandemia está a disparar o comercio electrónico, e conscientes diso dende Google anuncian unha nova posibilidade para que os comerciantes que buscan reconectar coas seus consumidores poidan facelo dun xeito asumible: vender a través de Google será de balde.
Google Shopping conta dende hai moito tempo con ferramentas para que os comercios en liña poidan ter unha maior visibilidade, e a partires da semana que vén as buscas que se atoparán dende a pestana de Compras de Google corresponderanse principalmente de produtos listados de balde, facendo máis doado atopar produtos dos que hai existencias e poden enviarse aos compradores ao momento, e que actualmente son menos visibles na web.
Para os comercios isto supón un incremento de visibilidade moi importante, xa que poderán amosar os seus produtos de balde aos millóns de usuarios de Google.
Os actuais usuarios do Merchant Center non terán que facer nada para gozar destas novas posibilidades, mentres que os negocios que desexen darse de alta verán como estas novas posibilidades estarán dispoñibles de balde durante varias semanas/meses sen custo, para favorecer a recuperación desta complicada situación provocada polo confinamento e a crise na que desembocará.
Poderase vender de balde a través de Google
Compartir Este Artigo
