Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DigiCraft: no teu cole transfórmase no Reto DigiCraft Online
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DigiCraft: no teu cole transfórmase no Reto DigiCraft Online

Redacción
Publicado: 21/05/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

digicraft-2.jpgA Xunta de Galicia e a Fundación Vodafone España lanzan o Reto DigiCraft Online para os alumnos e alumnas dos 50 centros que participan no programa educativo DigiCraft: no teu cole, que busca potenciar as competencias dixitais de rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Esta actividade, que estaba prevista para desenvolverse de forma presencial para pechar o curso, adaptouse ao novo contexto da educación online derivada da crise do coronavirus.
A actividade, denominada Reto DigiCraft Online, compartiuse cos profesores e profesoras dos 50 centros escolares galegos participantes no programa DigiCraft. Os alumnos e alumnas terán que crear, de forma colaborativa, un cómic dixital e, para que sexa o máis divertido e sinxelo posible, proporcionaráselles a historia base, os escenarios e os personaxes, de forma que eles terán que completar o texto e debuxar as súas propias viñetas.
Os colexios terán ata o 12 de xuño para enviar a súa proposta e posteriormente, ao longo da seguinte semana, elixirase o equipo gañador. O centro gañador recibirá novos materiais para traballar con realidade aumentada, videoxogos, intelixencia artificial e robótica e continuar desenvolvendo o programa DigiCraft nas súas aulas.
Para facilitar o labor dos docentes, a Fundación Vodafone levará a cabo ademais unha sesión de formación o próximo 26 de maio para explicar aos profesores e profesoras o desenvolvemento da actividade, as ferramentas de traballo online e a metodoloxía para seguir para realizala en remoto coas súas clases.

Convenio de colaboración asinado en xuño de 2019

Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración asinado en xuño de 2019 pola Fundación Vodafone España, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a AMTEGA para implementar DigiCraft nas aulas de Galicia.
Neste primeiro ano de programa participan 50 centros, 3.800 nenos e nenas e 250 profesores e profesoras, e continuará desenvolvéndose o próximo curso escolar con novos itinerarios e as tecnoloxías máis innovadoras. Ademais, grazas á colaboración da Xunta de Galicia, a plataforma online e aberta do programa tivo tamén moi boa acollida, superando xa os 2.700 usuarios en Galicia desde o pasado 11 de marzo, pouco antes de que se iniciara o confinamento.
DigiCraft é o primeiro programa educativo creado en España para potenciar o desenvolvemento das competencias dixitais na infancia e a mocidade, poñendo ao dispor de nenas e nenos de entre 6 e 12 anos (con especial foco en infancia vulnerable) diferentes xogos colaborativos e manualidades para aprender utilizando como vehículo a intelixencia artificial, a realidade aumentada ou o deseño 3D dunha forma fácil e divertida. Todo iso articulado a través dunha metodoloxía de aprendizaxe baseada no xogo e a experimentación deseñada pola Fundación Vodafone España en colaboración coa Universidade de Salamanca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?