Nas últimas horas YouTube está a espallar entre os usuarios de todo o mundo, tanto na súa web como nas aplicacións móbiles, unha funcionalidade que agradecerán moitos ao reproducir vídeos de longa duración: os capítulos.
Estamos ante unha prestación que pode pasar desapercibida, e que consiste en que , os vídeos que na súa descrición teñan ligazóns a puntos determinados do vídeo xunto coa correspondente descrición, presentarán estes rangos temporais como segmentos dentro da liña de tempo do vídeo e, ao movernos pola mesma, presentarán xunto ao correspondente miniatura o título do capítulo indicado na descrición. En dispositivos móbiles, o salto entre capítulos ao desprazarse pola liña de tempo vai acompañado cunha leve vibración, facilitando que o usuario sexa consciente do cambio de capítulo.
Esta funcionalidade non precisa así que teñan que procesarse os vídeos dun xeito concreto, senón que chega con indicar na súa descrición os puntos nos que comezan os capítulos, algo que xa fixeron moitos creadores no pasado, polo que agora xa podemos gozar de moitos vídeos con capítulos.
Para que os capítulos estean dispoñibles nun vídeo é preciso que este teña como mínimo 3 marcas de tempo dun mínimo de 10 segundos cada unha.
Este funcionalidade está previsto que vaia mellorando no tempo, e pase a aplicarse dun xeito máis xeral en YouTube, onde, por exemplo, non está dispoñible dentro das películas adquiridas a través de Google Play.
YouTube estrea capítulos
Compartir Este Artigo
