Business Insider desvela que Google ten interese en recibir autorización para probar unha nova xeración de comunicacións sen fíos en ducias de cidades estadounidenses, e tería solicitado permiso á FTC para realizar probas da futura Wi-Fi na banda dos 6 GHz (concretamente entre os 5.650 e os 7.125 MHz), que permitiría conexións máis rápidas que as actuais.
Estas probas realizaríanse en 1 ou 2 cidades de 17 estados norteamericanos (mentres que en California traballarían en 7 cidades), co que pretenden producir información técnica de relevancia sobre a utilidade destas frecuencias para conseguir conexións de banda larga fiables.
Actualmente as redes Wi-Fi funcionan nas bandas dos 2,4 GHz e dos 5 GHz, e a banda dos 6 GHz abriría novas posibilidades, ofrecendo principalmente maior velocidade e menor alcance.
Google quere realizar probas en redes Wi-Fi na banda dos 6 GHz
Compartir Este Artigo

