Tras unha traxectoria de éxito na Disney o executivo Kevin A. Mayer fichou por ByteDance como director de operacións, adoptando tamén o rol de director xeral de TikTok, e pouco máis de tres meses despois decide abandonar a compañía ante a tensa situación actual na que a Administración Trump está en pé de guerra contra as empresas tecnolóxicas chinesas por consideralas unha ameaza para a súa seguridade nacional.
Nun memorandum dirixido aos traballadores de TikTok, Mayer só ten boas palabras para a compañía, pero entende que o rol para o que aceptou tal traballo será moi diferente tras a posible venda da división de negocio estadounidense, polo que non ve moitos para continuar no proxecto. O posto de Mayer será ocupado de xeito provisorio por Vanessa Pappas, outra alta directiva da compañía.
A partida do máximo responsable de TikTok pode dar a entender que, pese a que a compañía estea a enfrontarse á Administración nos tribunais, poderían ver inimitable ceder ante as esixencias estadounidenses, tendo que vender parte de TikTok a unha compañía como Microsoft ou Oracle, evitando así que se execute un bloqueo decretado contra ByteDance, a actual propietaria de TikTok.
O máximo responsable de TikTok deixa a empresa
Compartir Este Artigo
