Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Estadio Abanca-Riazor da Coruña convértese nun caso de uso 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Estadio Abanca-Riazor da Coruña convértese nun caso de uso 5G

Redacción
Publicado: 14/09/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cinfo_tiivii.jpgO Estadio Abanca-Riazor da Coruña, sede do Real Club Deportivo, converterase no estadio de Europa co máis completo despregamento de cobertura e casos de uso 5G. Como funcionalidade principal habilitarase a retransmisión en directo de eventos deportivos con realización automática baseada en Edge Computing e Intelixencia Artificial, dispoñendo ademais de servizos adicionais como KissCam, mapas de calor mediante realidade aumentada e TV multicámara.
Telefónica realizou a instalación dunha rede 5G dedicada que inclúe cobertura 5G tanto na banda de 3.5 GHz como en frecuencias milimétricas, asegurando niveis de ancho de banda de varios gigabits por segundo e latencias ultrabaixas, características esenciais para poder retransmitir de forma fluída múltiples fluxos de vídeo de definición ultra-alta e realizar o control robotizado de cámaras e análises de vídeo en tempo real.
Telefónica despregou ademais un centro de Edge Computing na Coruña, para aloxar a solución tiivii de Cinfo de retransmisión e realización automática de TV, que grazas aos seus algoritmos de intelixencia artificial é capaz de realizar en tempo real a análise de xogo, etiquetar as xogadas, e orientar e conmutar as cámaras para xerar un sinal realizado apto para un directo de TV. Todo iso desde a nube de baixa latencia que proporciona o Edge Computing e a rede 5G. Cinfo é ademais a responsable de casos de uso adicionais orientados a aumentar a participación do espectador no estadio, como son os servizos de KissCam e os mapas de calor por realidade aumentada.
Para o despregamento de rede utilizouse tecnoloxía de Ericsson, incluíndo unha das primeiras unidades de radio milimétricas do mundo en banda europea de 26 GHz, así como radio de 3.5 GHz e núcleos de rede 5 G tanto en tecnoloxías NSA (Non Stand Alone) como SA (Stand Alone), a rede 5G coas características máis avanzadas.
Adicionalmente, Vodafone colaborou para poder utilizar puntualmente o espectro de ambas as operadoras de forma conxunta na banda de 3.5 GHz, nunha serie de tests encamiñados a pescudar o máximo potencial posible nesta banda central de frecuencias, como paso previo á utilización de milimétricas.
Esta combinación de cobertura 5G de Telefónica con Ericsson, xunto coa solución tiivii da empresa Cinfo, móstranos entre outras moitas cousas as posibilidades de realizar a retransmisión dun evento sen ter que desprazar unha unidade móbil de TV ao lugar no que se produce, o cal traerá como consecuencia a democratización do directo e a realización profesional de todo tipo de eventos cuns custos moito máis reducidos, posibilitando directos de calidade para eventos rexionais e locais, algo que ata o de agora non resultaba rendible

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?