Os dispositivos Nest Hub de Google ábrense cada vez máis aos servizos de reprodución de vídeo, e aínda que inicialmente estaban limitados basicamente aos contidos de YouTube, en xullo facilitouse o acceso a Netflix e agora sorprenden facendo o mesmo con Disney+, de xeito que os usuarios dunha desas pantallas conectadas de Google que estean subscritos á plataforma de pagamento da Disney poden iniciar a reprodución dos contidos de Disney, Pixar, Marvel, Star Wars, National Geographic e algún outro mediante ordes de voz. Tamén é posible seleccionar os contidos que se queren reproducir dende a correspondente aplicación móbil e premer na icona de Google Cast para enviar os contidos á pantalla do Nest Hub.
Disney+ chega ás pantallas dos dispositivos Nest Hub
Compartir Este Artigo
