O vindeiro luns El Corte Inglés estrea un servizo de envíos rápidos cunha tarifa plana de 19,90 euros/ano chamado El Corte Inglés PLUS e que claramente busca competir con Amazon Prime, aínda que nunha clara desvantaxe competitiva, xa que carece de servizos complementarios como incentivo e ofrece un catálogo de produtos moi inferior.
El Corte Inglés PLUS ofrece pedidos en 2 horas (incluíndo alimentación), múltiples opcións de envío (incluíndo recollida en tenda), ofertas especiais e a posibilidade de probar o servizo de balde durante 30 días. Pero cómpre salientar que o servizo de entrega no día ten moita letra miúda, xa que en compras de entre 10 e 40 euros terá un custo de 5,90 euros (sendo de balde só se supera os 40 euros), para que os artigos de máis de 15 quilos sexa de balde a compra ten que ser superior a 19 euros (10 euros no caso de libros, cine, música e videoxogos) e no caso de alimentación hai que superar os 100 euros para poder gozar do envío de balde. O que si será sempre de balde e sen importe mínimo é a recollida en tenda.
O servizo tamén ten limitacións xeográficas, de xeito que en Galicia quedaría limitado ás proximidades da Coruña, Vigo e Santiago de Compostela, polo que realmente considerar que compite realmente con Amazon Prime parece bastante esaxerado, e semella que o único que persegue é que os seus clientes frecuentes non fuxan precisamente a Amazon.
El Corte Inglés estrea unha tarifa plana de envíos moi limitada
Compartir Este Artigo
