Para celebrar os seus 10 anos Instagram está a estrear novas funcionalidades de distinto tipo entre as que destaca especialmente un apartado oculto no menú de configuración da aplicación para móbiles que permite mudar a icona da aplicación para que o usuario poida escoller entre distintas cores e incluso a clásico icona inspirada nunha cámara Polaroid, que representaba moi fielmente o espírito inicial da aplicación: compartir fotografías en formato cadrado aplicándolle filtros creativos.
Para axudar ao creadores tamén están a levar as funcións de comercio electrónico a IGTV (e preparan tamén a mesma xogada coas emerxentes Reels) e ferramentas para evitar os comentarios ofensivos, aínda que a funcionalidade que para moitos resultará máis rechamante é que agora no arquivo de historias de cada conta podemos explorar as historias pasadas no calendario ou no mapa, estando esta última opción dispoñible para os contidos publicados empregando a función de xeolocalización.
Instagram celebra o seu 10º aniversario
Compartir Este Artigo
