Os contidos en directo dentro de Instagram cada vez teñen máis peso, e tras uns meses collendo forza e detectándose os atrancos que poñían certas limitacións decidiron realizar unha serie de actualizacións para potenciar e facilitar os directos.
O cambio máis importante dos directos de Instagram é que pasan de ter unha duración máxima de 60 minutos a poder durar ata 4 horas, evitando así os molestos cortes das retransmisións que levaban a que moitas emisións tivesen que cortarse e continuar máis tarde, o que resultaba especialmente molesto para directos que querían publicarse para a súa consulta en diferido.
Instagram tamén anuncia que os directos estarán dispoñibles durante 30 días antes do seu borrado, para que o usuarios teña así máis tempo para decidir se quere gardalos. Estes directos poderán verse nun historial que acompañará ao arquivo de publicacións e ao arquivo de historias.
Na aplicación de IGTV e na sección de exploración de Instagram comezará a aparecer un apartado no que destaquen os directos activos no momento actual, facilitando así o descubrimento de retransmisións.
Os directos de Instagram poderán durar ata 4 horas
Compartir Este Artigo
