Aínda que teñamos a impresión de que todo o mundo está a colaborar para facilitar a saída da pandemia, non todos os axentes están a xogar limpo, e dende Microsoft denuncian que detectaron ataques informáticos a 7 das principais compañías que están a traballar en vacinas e tratamentos contra a COVID-19. Concretamente Microsoft asegura que os ataques chegan dun grupo de ciberdelincuentes de Rusia e doutro par de grupos orixinarios de Corea do Norte.
Dende Microsoft insisten en que este tipo de accións non poden tolerarse, especialmente se parecen orixinados dende axencias gobernamentais ou grupos que operan grazas á permisividade dos seus gobernos, e piden unión para evitar que isto siga así.
Aínda que entende que as grandes corporacións son quen de manter a súa seguridade informática, Microsoft aproveita a ocasión para convidar a hospitais, clínicas, laboratorios, empresas farmacéuticas, fabricantes de produtos médicos e outras entidades que estean a traballar dalgún xeito na loita contra a COVID-19 a solicitar o servizo Microsoft AccountGuard, co que ofrecen toda unha serie de medidas de seguridade e material formativo para que as entidades adheridas poidan estar máis seguras ante ataques informáticos.
Microsoft denuncia que os laboratorios que traballan nas vacinas da COVID-19 están a recibir ataques informáticos
Compartir Este Artigo
