Un estudio preparado por IPSOS para Samsung España reflicte a percepción que a poboación español ten da tecnoloxía 5G, considerando o 54% dos consultados que a sociedade vai mellorar grazas principalmente aos avances en hiperconectividade, na educación, no xeito de traballar e no sistema de saúde.
A 5G achegará mellores velocidades de conexión, reducirá a latencia e multiplicará o número de dispositivos conectados, o que serve de base para moitos outros beneficios. Deste xeito o 66% entende que a 5G creará un contorno hiperconectado, o 65% recoñece que as clases virtuais poderán gozar de conexións de máis calidade e de mellores experiencias en tempo real, o 63% ve como mellorará o teletraballo e incluso o 63% dos cidadáns ven como a 5G poderá traer vantaxes ao sector sanitario (operacións a distancia, efectividade en situacións de emerxencia…).
Pero o nivel de coñecemento da 5G é aínda moi limitado, e o 64% dos cidadáns recoñecen ter un coñecemento baixo ou moi baixo sobre as vantaxes da 5G, resultando curioso que o 17% dos homes considere ter coñecementos avanzados sobre o tema fronte ao 9% das mulleres. Cando falamos da mocidade, a nivel de coñecemento medra ata o 20%, en contraste do 10% das persoas maiores de 35 anos.
A funcionalidade que máis agradece o público da 5G é facilitar mellores conexións, ou sexa poder dispor de conectividade en todo momento, e incluso poder consumir e compartir contidos audiovisuais.
Aínda que para moitos a 5G pareza algo bastante recente, Samsung xa colocou máis de 6,7 millóns de smartphones 5G en 2019 (o 53,9% do mercado) e segundo datos de Strategy Analytics o 88% dos smartphones 5G que chegaron a Europa Occidental durante a primeira metade de 2020 proviñan da marca surcoreana. Dende Samsung Iberia estiman que o 60% dos móbiles vendidos en España con 5G ao longo de 2020 serán de Samsung.
O 54% dos españois considera que a 5G mellorará a sociedade
Compartir Este Artigo
