No verán a Administración Trump aprobou ordes executivas contra WeChat e TikTok, buscando o bloqueo de WeChat nos EE.UU. (que en sede xudicial está a considerarse como unha acción que excede as competencias da Administración ao atentar contra dereitos fundamentais) e procurando forzar a venda de TikTok a empresas estadounidenses.
Nas últimas semanas vimos como as medidas contra TikTok recibían unha prórroga tras outra, principalmente por mor de causas xudiciais que unha vez tras outra consideraban ilegal a orde executiva de Trump e, unha vez superado o prazo do última prórroga o pasado venres, a Casa Branca non fixo efectiva a orde executiva nin iniciou ningunha acción, asegurando dende as páxinas do The New York Times que continúan a manter conversas para conseguir que TikTok pase a mans de empresas estadounidenses, obxectivo que dificilmente poderán conseguir xa que as autoridades chinesas non permiten que ByteDance exporte tecnoloxía chinesa.
Queda por ver se a Administración estadounidense exercerá algún tipo de presión sobre ByteDance agora que xa pasou o prazo sinalado, pero dá a impresión de que están a deixar pasar o tempo para que, unha vez que mude a presidencia dos EE.UU. poidan deixar pasar un asunto que probablemente abordarán con máis diplomacia.
Vence o prazo imposto para a venda de TikTok a empresas estadounidenses sen consecuencias
Compartir Este Artigo
