Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un proxecto para inspeccionar grandes infraestruturas con UAV imponse na edición galega dos Galileo Master
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un proxecto para inspeccionar grandes infraestruturas con UAV imponse na edición galega dos Galileo Master

Redacción
Publicado: 11/12/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galileo_masters_zona_franca.jpgA edición galega deste ano dos Premios Galileo Master, galardóns internacionais convocados pola Axencia Europea GNSS e a Axencia Espacial Europea para distinguir e enxalzar os mellores servizos e negocios que empregan a navegación por satélite para aplicacións na vida cotiá, recoñeceu este ano as contribucións de Contact-Drone, unha idea de negocio para inspeccionar grandes infraestruturas baseada en tecnoloxías de navegación por satélite. Foi desenvolvida por un equipo da escola de Enxeñaría Aeronáutica da UVigo.
Xa que nesta edición, polas restricións derivadas da pandemia, os gañadores da convocatoria galega dos premios non puideron asistir á cerimonia internacional de entrega de galardóns (os coñecidos como “Oscar do Espazo”) na mañá deste venres 11 celebrouse nas instalacións da Zona Franca, en Bouzas (Vigo), un acto institucional coa presenza do reitor da UVigo, Manuel Reigosa e do delegado da Zona Franca, David Regades.
Tamén participaron os integrantes do equipo distinguido: Higinio González Jorge, profesor titular da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo; Luis Miguel González de Santos, investigador predoutoral da Universidade de Vigo e Joaquín Martínez Sánchez, profesor asociado na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
Este é o sexto ano que, da man da Universidade de Vigo e a Zona Franca, Galicia participa neste concurso, promovido pola Axencia Europea GNSS, a Axencia Espacial Europea, o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio Federal Alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais. Desde o seu inicio en 2004 estes premios medraron ata converterse nunha rede mundial de innovación e coñecemento con 18 rexións europeas asociadas e máis de 200 expertos industriais e científicos de todo o mundo.
Desde a UVigo e a Zona Franca búscase “animar a investigadores e centros tecnolóxicos a que presenten cada ano novas ideas que poden optar simultaneamente a un premio rexional e a un premio internacional e potenciar un sector estratéxico no que Galicia debe estar presente”.
Polo que respecta ao proxecto Contact-Drone, consiste no deseño dunha carga útil intelixente que permite ao UAV (vehículo aéreo non tripulado) realizar tarefas de inspección de contacto en grandes estruturas “cunha tecnoloxía disruptiva que pode revolucionar o sector da inspección industrial a gran escala xa que evita os riscos durante as inspeccións e mellora a eficiencia económica”, explicaron os seus desenvolvedores.
O xurado elixiu a esta idea de negocio baseada nos servizos do satélite europeo Galileo porque Contact-Drone “amplía o eido de aplicación das tecnoloxías de navegación ao sector da construción, un sector económico importante en Galicia”. Este feito, xunto co desenvolvemento dun produto innovador que promoverá “novos empregos de alto valor engadido”, foi crucial para a elección de Contact-Drone como gañador galego deste ano.
O ano pasado, como lembraremos, resultou gañadora a iniciativa CX-Geodron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?