As solucións para acceder ao noso WhatsApp dende o ordenador son bastante limitados, xa que realmente non se trata dunha versión de WhatsApp de escritorio senón dun acceso remoto ao noso dispositivos, pero aínda así cada vez conseguen incorporar máis funcionalidades, e finalmente xa están a probar algo que parecía bastante complexo de conseguir: a posibilidade de realizar chamadas dez voz e vídeo de WhatsApp dende o ordenador.
Dende WABetaInfo dan conta de que xa hai usuarios que teñen activadas as chamadas de voz e vídeo de WhatsApp na súa versión beta, chegando esta funcionalidade de xeito aleatorio aos usuarios a un ritmo moi lento, dando por feito que tardará semanas en chegar á totalidade de usuarios.
Como curiosidade desta nova función, as chamadas de WhatsApp, tanto en WhatsApp Web como en WhatsApp Desktop non se integran na fiestra principal da aplicación, senón que execútanse nunha fiestra separada, o que ten bastante sentido, xa que así pode seguir a empregarse a aplicación durante as conversas.
Agora só queda agardar a que as chamadas dende o ordenador pasen a ser unha funcionalidade oficial, o que agradecerán especialmente os que empreguen este tipo de prestacións durante moito tempo, especialmente en videochamadas nas que soster o teléfono na man durante moito tempo non só cansa, senón que tamén impide realizar moitas outras accións, de aí que poder realizar estas comunicacións dende o ordenador poida resultar moi práctico.
As chamadas de voz e vídeo de WhatsApp dende o ordenador xa están en probas
Compartir Este Artigo
