Nestes tempos dun Entroido tan atípico chega un novo número da nosa publicación O Barbanza, que nesta ocasión salienta os esforzos por manter viva a tradición festeira trasladando a celebración á Rede. Obradoiros de conciliación, certames de máscaras, concursos de fotografía, propostas polas redes sociais… e sen esquecer as actividades que xa desde hai días teñen lugar en moitos colexios da comarca do Barbanza. De todo iso e moito mais falamos nas páxinas do número 18 de O Barbanza que se reparte de balde en todos los concellos da comarca, estando accesible tamén en liña.
A gastronomía desta época, a literatura da man da obra de Ignacio Lens, os emprendementos da comarca, o cine con Paula Iglesias, novas dos concellos e moitas mais cousas, completan os contidos da nosa publicación, que desta volta non puido contar co enterro da sardiña, os choqueiros, e a queima do Filipe, pero seguro que o seu espírito estará presente á espera de que, se todo vai ben, empece a mellorar a situación de pandemia e a vida volva rexurdir.
Novo número da revista O Barbanza
Compartir Este Artigo
