
No relatorio o investigador fará unha introdución ao mundo da Computación Evolutiva, unha rama da Intelixencia Artificial que aborda a resolución automática de problemas de optimización mediante o uso dunha serie algoritmos, denominados algoritmos evolutivos, que están inspirados en diferentes mecanismos da evolución natural. Durante a presentación analizaranse tamén as vantaxes e inconvenientes deste tipo de algoritmos e, en consecuencia, establecerase en que tipos de problemas é aconsellable ou non a súa utilización. Finalmente, mostraranse diferentes exemplos da súa aplicación.
Enrique J. Carmona é doutor pola UNED e enxeñeiro electrónico pola Universidade de Granada.
Actualmente, é profesor titular no Departamento de Intelixencia Artificial da UNED, onde desempeña labores tanto docentes como investigadoras. No pasado tamén desenvolveu postos de enxeñeiro en diferentes empresas privadas. As súas áreas de interese abranguen diferentes disciplinas, tales como a Computación Evolutiva, a Aprendizaxe Automática e a Visión Artificial.
Actualmente, a súa investigación céntrase no procesamento computacional de imaxe médica e na aplicación dos algoritmos evolutivos a diferentes dominios (imaxe, matemáticas e deseño automático). É autor de diferentes traballos de investigación publicados en revistas de alto impacto.
Os algoritmos evolutivos centran a nova conferencia da UNED no CIA de Ourense
Compartir Este Artigo

