Que a administración electrónica estea dispoñible para o público as 24 horas os 7 días da semana é unha promesa difícil de cumprir, xa que os recursos para atender as solicitudes da cidadanía seguen a ser limitados, e como mostra diso temos como esta mañá a Sede Electrónica da Xunta de Galicia está case colapsada, con tempos de espera superiores a unha hora de duración por mor da apertura do prazo para solicitar a Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia, unha tarxeta moedeiro para gastar en aloxamentos turísticos e viaxes contando cunha subvención do 60% por parte de Turismo de Galicia.
Resulta bastante sorprendente que por un trámite puntual dun departamento en concreto se colapse toda a Sede Electrónica, o que supón un prexuízo para numerosos profesionais e empresas que precisan do acceso a esta plataforma para xestionar certificados dixitais, presentar solicitudes e xestionar expedientes, operacións que teñen un volume moderado, e que poderían terse atendido en paralelo.
Unha campaña de Turismo de Galicia colapsa a Sede Electrónica da Xunta
Compartir Este Artigo
