
Adamo conta para este despregamento coa colaboración das autoridades locais e, en particular, do alcalde, Demetrio Salgueiro. Iso quedou de manifesto na presentación do servizo que proporciona o operador de telecomunicacións efectuada por David Llano, responsable de Adamo en Galicia, aos representantes municipais.
“Como alcalde, podo dicir que o obxectivo de que Xove puidese dispor de conexión de alta velocidade de calidade sempre foi unha prioridade para o concello. Nese sentido, a chegada de Adamo cumpre perfectamente as expectativas municipais e este fito, a maiores, suporá un antes e un despois para moitos veciños, que agora poderán dispor dun servizo que ata hai pouco se vía imposible e que servirá para mellorar a súa calidade de vida, ao poder dispor dun bo acceso a Internet. Ao mesmo tempo, posibilitará o asentamento de poboación nos núcleos rurais que, en moitas ocasións, sofren unha perda de habitantes precisamente por carecer de servizo”, explicou o rexedor na citada reunión.
Máis de 50.000 vivendas conectadas en Lugo
Desta maneira, o operador prosegue co seu desenvolvemento en Lugo, provincia na que xa fornece sinal a 50.000 fogares. Entre outros concellos, en Begonte, Cervo, A Fonsagrada, Barreiros ou Foz, así como na parroquia de Celeiro.
Outros 76.500 domicilios en Lugo
Este paso en Xove enmárcase na aposta da compañía pola provincia, na que instalará Internet de alta velocidade para 26.530 inmóbeis ao longo de 2021 e 2022. Sumados ás 50.000 actuais, Adamo alcanzará un total que pasa as 76.500 vivendas na súa rede lucense durante o vindeiro bienio.
Este proceso de medre apóiase, por unha banda, nas subvencións do Programa de Banda Ancha de Nova Xeración (PEBA) do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, que está co-financiado pola Unión Europea (UE). En conxunto, Adamo resultou adxudicatario de 80 millóns de euros para dotar de fibra óptica a preto de 500.000 vivendas situadas en 20 provincias. Dese orzamento, máis de 5,8 millóns destinaranse á instalación desta infraestrutura en Lugo para facilitar, así, a comunicación dos xa citados 26.530 fogares. Por outra banda, esta expansión é posible grazas tamén aos investimentos de Adamo, que agregará capital propio para o subministro de Internet de alta velocidade.
Máis de 1.000 vivendas de Xove contan xa coa Internet de alta velocidade de Adamo
Compartir Este Artigo

