
Así, na categoría A (de 14 a 19 anos) resultaron gañadores os textos Penso en ti (María Rey Villar, A Coruña), Sol e Lúa (Lucas Paz González, A Coruña) e Marfil do meu corazón (Diego Santos Santos, Ribeira); mentres que na categoría B (de 20 a 35 anos) foron elixidos polo xurado Rea(r)mar (Lara Álvarez Álvarez, Redondela), O fío da vida (Leticia Cid Cid, San Cibrao das Viñas) e KÓX3G∆S (Andrea López Otero, Pantón).
Na nova categoría IG acadou a maioría de gústames do público (un total de 765) de entre as seis mensaxes participantes elixidas polo xurado o texto Saudando a vida (José María Trigo González, Cambados).
Nas dúas primeiras categorías o primeiro premio é unha bicicleta eléctrica, o segundo unha tableta de 10,1 polgadas e o terceiro unha cámara deportiva. No caso da terceira categoría, o premio é único, unha bicicleta eléctrica. O acto de entrega dos galardóns está previsto para o mes de maio en Santiago de Compostela
Tanto as mensaxes gañadoras coma as outras 267 participantes, que foron votadas por preto de 2449 internautas (2309 deles, na fase de votación da nova categoría IG), están dispoñibles na web institucional da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Política Lingüística e Xuventude dan a coñecer as creacións premiadas en Lingua de Namorar
Compartir Este Artigo

