
Esta nova ferramenta simula diferentes escenarios de xestión e distintas medidas que os pescadores poderían adoptar fronte á obrigación de desembarco imposta á frota europea, alén de mostrar como o incremento do tamaño da tripulación ou unha selección eficiente da zona de pesca serían solucións economicamente máis acaídas que mellorar a eficiencia do buque ou incrementar a duración da marea. Gonzalo Rodriguez Rodriguez e Hugo M. Ballesteros, pertencentes ao Departamento de Economía Aplicada, son os dous asinantes do artigo procedentes da USC.
“Esta ferramenta pode resultar de interese tanto para pescadores, que poden utilizala para realizar predicións a curto prazo para elixir as mellores zonas de pesca, en función das capturas obtidas en días anteriores, como para xestores, que poden simular os resultados máis probables de cambios lexislativos na política pesqueira”, informa o equipo investigador.
Investigadores da USC impulsan unha ferramenta para garantir aos nosos buques a pesca máis eficiente e rendible
Compartir Este Artigo

