O Colexio Miraflores, en Pereiro de Aguiar (Ourense), estreou un novo punto de investigación de docencia para fomentar futuras vocacións científicas e tecnolóxicas. Trátase dunha Aula de Divulgación Científica, impulsada en colaboración coa UNED Ourense. O obxectivo é achegar ao universo STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) ao alumnado do Colexio Miraflores, poñendo o foco, tamén, no profesorado (poñendo á súa disposición cursos de alto nivel para axudar aos docentes a profundar nos coñecementos das súas áreas de especialidade).
Na Aula desenvolveranse obradoiros centrados nas máis variadas temáticas, entre as que se inclúen actividades de ciencia electromagnética, química, paleontoloxía, arqueoloxía, historia, robótica, dixitalización ou Intelixencia Artificial. O protocolo de colaboración tamén inclúe outras actividades da Oficina de Transferencia da Investigación (OTRI) entre as que se atopan sesións e cursos de psicoloxía, de comprensión lectora ou de competencia matemática, entre outras moitas temáticas.
Este protocolo terá unha vixencia de tres anos.
O Colexio Miraflores estreou unha Aula de Divulgación Científica en colaboración coa UNED
Compartir Este Artigo

