Amazon Studios anunciou hoxe un acordo exclusivo para o desenvolvemento de contido audiovisual en español con Juan Gómez-Jurado, autor da triloxía literaria Reina Roja, un grande éxito do xénero thriller a nivel internacional, e con certa relación con Galicia, xa que cando comezou a súa carreira como escritor residía en Santiago de Compostela.
O acordo suporá a estrea de Gómez-Jurado como escritor, consultor de guión e produtor executivo para Amazon Prime Video, sendo o segundo acordo deste tipo que Amazon Studios asina en Europa (o anterior caso foi o do alemán Sebastian Fitzek). Outros acordos semellantes serían con autores como Phoebe, Waller Bridge, Rachel Broshana, Donald Glover e Neil Gaiman, entre outros.
Que Gómez-Jurado se inicie na creación de novos conceptos orixinais de ficción televisiva nunha plataforma como Prime Video parece un paso natural se temos en conta que no mundo da edición literaria xa é un autor cunha forte presenza no dixital, sendo un dos creadores máis comprometidos cos formatos dixitais e en plataformas como Kindle.
Juan Gómez-Jurado creará contidos audiovisuais para Prime Video
Compartir Este Artigo
