Este 28 de abril ás 19.00 horas temos unha cita coa tecnoloxía de cadea de bloques, a tecnoloxía blockchain, de grandes posibilidades futuras para o ámbito da ciberseguridade e as transaccións económicas protexidas. A charla (unha live session organizada polo IESISE de Abanca) desenvolverase baixo o epígrafe Como se está usando a tecnoloxía blockchain: casos reais de aplicación e será impartida por Luis Carbajo, fundador de Vottun, empresa pioneira na aplicación da cadea de bloques no ámbito español. Para poder acceder é preciso realizar unha inscrición en nesta ligazón.
Luis Carbajo contará os proxectos que están realizando para sectores de alimentación, educación, saúde, enerxía ou economía circular, para clientes como Naturgy, Profand e Grupo Bimbo, entre outros.
Ao longo da masterclass presentarase o Programa Experto en Blockchain: aplicacións empresariais, deseñado por IESIDE.
Luis Carbajo é enxeñeiro industrial pola Universidade Politécnica de Valencia e MBA pola Universidade de Michigan. Traballou en Amazon como customer experience leader globally. Tamén foi responsable de mercadotecnia para Europa en Vistaprint e director executivo de SoloStocks. A súa paixón polas novas tecnoloxías levoulle a descubrir as interesantes aplicacións que o blockchain pode ofrecer, o que lle levou a crear Vottun.
Luis Carbajo falará sobre como emprender con tecnoloxías blockchain nunha nova live session de IESIDE
Compartir Este Artigo

