O actual contexto sanitario está a ter grandes repercusións no sector informático, e unha boa mostra diso son algúns datos desvelados por Microsoft na súa última presentación de resultados trimestrais, como o feito de que Windows 10 chegase aos 1.300 millóns de dispositivos activos, Office 365 consiga 300 millóns de subscricións (dos que 50 millóns corresponderían á versión para consumo) e Microsoft Teams chegue aos 145 millóns de usuarios diarios activos, ou sexa, que tería dobrado o número de usuarios no último ano.
Aparte dos bos resultados de Windows 10, Office e Teams, na presentación de resultados tamén salientaron que a Xbox está a conseguir as mellores taxas de uso da historia, o que pode sorprender nun momento no que a plataforma non ten a forza que tiña nos tempos da Xbox 360 (consola que nalgúns mercados superou á PlayStation 3), e que atribúen a servizos como o Game Pass, ou sexa, que son os contidos os que potencian a plataforma, o que xustificaría a compra dos estudios de ZeniMax Media, dos que incorporaron 20 grandes títulos ao Game Pass nas últimas semanas.
Windows 10 supera os 1.300 millóns de instalacións activas
Compartir Este Artigo
