O Concello de Pontevedra, a través da súa concelleira Anabel Gulías, vén de facer un breve balance das cifras acadadas pola súa iniciativa destinada a combater a fenda tecnolóxica. Segundo fixo saber a edil e portavoz do Goberno municipal, a liña de axudas para adquisición de ordenadores (axudas Supera) xa contabilizou a comezos de maio 700 solicitudes. A concelleira celebrou a boa acollida desta iniciativa.
E engadiu: “Imos a moi bo ritmo posto que estamos no ecuador do período de solicitudes, que remata o 19 de maio” asegurou Anabel Gulías, quen fixo un chamamento para que as persoas que vaian presentar as solicitudes en vindeiros días procuren achegar toda a documentación necesaria e evitar atrasos no seguinte período, que é o de resolución.
Lembrar que esta liña de axudas ás familias está dotada con 400.000 euros e poderanse financiar con ata 400 euros por solicitude (un máximo de 2.000 euros por familia) a adquisición de material informático que fose necesario adquirir con motivo da pandemia e como reforzo para as tarefas educativas dos menores.
Son susceptibles de ser subvencionadas as compras de computadores ou outro material realizada desde a declaración do estado de alarma (o 14 de marzo do 2020), e ata o 31 de decembro de leste mesmo ano.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de maio.
A liña de axudas de Pontevedra para a compra de ordenadores superou as 700 solicitudes
Compartir Este Artigo

